Apocalipse Z: o comezo da fin

Apocalipse Z: o comezo da fin 2024

6.72

Unha enfermidade parecida á rabia esténdese polo planeta, transformando a xente en criaturas agresivas. Manel refúxiase na casa co seu gato e usa o seu enxeño para sobrevivir. Pronto terán que saír por comida e buscar lugares seguros na terra e no mar.

2024

A lingua das bolboretas

A lingua das bolboretas 1999

7.40

Baseada na novela homónima de Manuel Rivas. Finais do inverno de 1936. Nun pequeno pobo galego, Moncho, un neno de 8 anos incorpórase á escola tras unha longa enfermidade. Entón comezará a súa aprendizaxe do saber e da vida da man do seu amigo Roque e do seu peculiar mestre que lles aprende coñecementos tan variados coma a orixe da pataca ou a necesidade das bolboretas da súa lingua enroscada. O 18 de xullo todo romperase. Neste contexto novo, os valores e principios aprendidos serán trocados e a relación aprendiz e mestre verase truncada.

1999

Mar adentro

Mar adentro 2004

7.57

Rodado en Galicia, baséase na historia real de Ramón Sampedro, un escritor e ex-mariñeiro que quedou tetrapléxico logo dun accidente ocorrido durante a súa xuventude. Permanece prostrado nunha cama durante case 30 anos, situación pola que desexa morrer mediante a aplicación da eutanasia. O filme relata a loita de Sampedro para lograr que a lei recoñeza o seu dereito a morrer.

2004

A noite que deixou de chover

A noite que deixou de chover 2009

6.00

Van máis de tres meses que non para de chover e Spleen, un dandi ao que só lle gustan tres cousas na vida (Valle-Inclán, Os Smiths e as raparigas malas con frequillo) pasa as noites na compaña dos seus amigos bohemios na Taberna dos Dramáticos. A noite que deixa de chover, coñece A Rusa, unha rapariga mala con frequillo. Drama tenro e surrealista que se desenvolve nunha soa noite na cidade de Santiago de Compostela.

2009

Pelerinaxes

Pelerinaxes 2016

10.00

Luzía, fai esta viaxe coa intención de rematar un proxecto audiovisual empezado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo, xunto a outro compañeiro morto nun accidente.

2016

Breogán

Breogán 2024

10.00

Breogán e unha parodia do rexurdimento galego nun tono humoristico e esaxerado. A historia vai de como Breogán o neto de Castelao convertese no rei de Galiza.

2024

Esquece Monelos

Esquece Monelos 2016

1

A desaparición do río Monelos, preto da Coruña, é o motivo arredor do que reflexionamos sobre a memoria dos lugares e das súas xentes, e no que creamos un retrato colectivo do medo ao paso do tempo.

2016

Lupa: Na procura do mito da Raíña Loba

Lupa: Na procura do mito da Raíña Loba 2018

1

“Lupa: Na procura do mito da Raíña Loba” é un proxecto audiovisual para a divulgación do noso patrimonio cultural. Unha aventura na que percorremos todo o país na procura dun dos mitos máis significativos da nosa cultura: o mito da raíña Lupa e da traslación do apóstolo Santiago. Unha viaxe fascinante polo noso patrimonio material e inmaterial, por montes sagrados, covas misteriosas, cidades asolagadas e moitas das paisaxes naturais e míticas que fan deste país unha auténtica xoia cultural.

2018

A Paixón de María Soliña

A Paixón de María Soliña 2012

1

Longametraxe de corte histórico que describe o nacemento, a estrutura organizativa e a función do tribunal da Inquisición Española a través do proceso contra María Soliña en Galicia a principios do século XVII. Cóntase a crónica dos feitos facendo fincapé nas motivacións históricas e sociais que houbo detrás das acusacións de bruxería daqueles tempos. María Soliña é unha das personaxes lehendarias da cultura galega que mellor define a loita contra a adversidade e a represión do poder. A súa historia resume á perfección a persecución á que se viron sometidas moitas mulleres, non só en Galicia senón tamén en toda Europa, acusadas de bruxería e xulgadas polo Tribunal da Inquisición. María Soliña converteuse nunha icona da cultura galega, a súa historia foi transmitida de xeito oral para ser tratada ao longo de todos estes anos por numerosos artistas e historiadores até convertela nunha nova Xoana de Arco.

2012

Beiras, Vivir2Veces

Beiras, Vivir2Veces 2022

1

Xosé Manuel Beiras repasa a súa traxectoria seguindo dúas pistas: dunha banda, os lugares que mellor o identifican; e doutra, as imaxes máis emblemáticas dun percorrido vital de oito décadas.

2022

Lúa vermella

Lúa vermella 2020

6.30

Largometraxe que narra a vida dunha humilde vila galega na que, a través dá narrativa, preséntase unha dimensión de misterio oculta aos ollos dá xente. Un paseo pola cultura galega e como as súas xentes relaciónanse coa morte e vos seus propios mitos. Mentres o pobo está en inmóbil e inalterable, a natureza é a que parece estar viva. Da man de tres anciás, a roteiro polo descoñecido destes costumes será unha experiencia que deterá ou tempo.

2020

Queimar cando morra

Queimar cando morra 2024

1

A avoa de Inés, Encarna, falece no 2020 deixando un paquete de recordos cunha nota: "queimar á miña morte, nosopai e ao lume".

2024

The Legend of El Cid

The Legend of El Cid 2020

7.22

The story of Rodrigo Díaz de Vivar, a Castilian nobleman and war hero in medieval Spain.

2020

El punto frío

El punto frío 2018

4.30

Martín, a youth obsessed with paranormal phenomena, arrives in Chantada, a small village in Galicia, to investigate what he names “the cold spots.”

2018

Vidago Palace

Vidago Palace 2017

3.70

Vidago Palace has the background of the year 1936 and tells us a love story between two young people from different classes, ready to face all obstacles.

2017